1. Por que ao neodarwinismo se lle denomina tamén teoría sintética da evolución? Porque intenta relacionar a teoría da evolución coa sistemática, xenética e a paleontoloxía. 2. Que relación existe entre variabilidade xenética, adaptación e selección natural? Variabilidade xenética: Os individuos dunha poboación son portadores de diferentes alelos responsables do seu fenotipo. Selección natural: Elimina da poboación os fenotipos menos vantaxosos para as condicións medioambientais. Adaptación: A poboación dun lugar adáptase e dicir, acomódase ao medio no que viven e aos seus factores medioambientais debido a selección natural. 3. Como explica a teoría do equilibrio puntuado a ausencia de pasos intermedios no rexistro fósil? Como explicación din que non se contan con rexistros fósiles de pasos intermedios porque realmente non existiron nunca estes pasos intermedios. 4. Analiza as diferenzas que existen entre o gradualismo, o neu