1. A BIOSFERA E OS ECOSISTEMAS
1. Indica as diferenzas que existen entre un sistema e un ecosistema.
SISTEMA
Un sistema é un conxunto de elementos interrelacionados que funcionan de
maneira coordinada.
ECOSISTEMA
Sistema constituído por organismos que se relacionan de seu e co espazo no
que se instalan.
A diferenza entre un e outro é que o ecosistema conforma individuos de
distintas especies e o sistema é un conxunto ordenado e coherente de reglas ou
principios sobre unha determinada materia.
2. Que características do planeta Terra fan posible a existencia da vida?
⇨ A existencia dunha atmosfera protectora contra as radiacións.
⇨ Unha distancia do Sol que proporciona a temperatura adecuada.
⇨ Unha achega continua de enerxía solar necesaria para o funcionamento do
sistema terrestre.
⇨ A existencia de auga en estado líquido.
3. Cales son os elementos do biótopo e da biocenose nun ecosistema artificial,
como un acuario caseiro?
BIOCENOSE
❐ Peixes
❐ Plantas
❐ Comida viva
❐ Bacterias
BIÓTOPO
❐ Peceira
❐ Auga
❐ Decoración
❐ Filtro de auga
4. Que característica da Terra cres que fai posible a existencia de auga en estado líquido?
➤ Presencia de gases na atmosfera que permiten o chamado efecto
invernadoiro.
➤ A distancia que se encontra do Sol
➤ Pola masa da Terra, que fai posible a gravedade polo tanto hai atmosfera,
subindo a posiblidade de que haxa máis líquido.
5. Cres que os criterios que serviron para agrupar a distintos organismos nun grupo taxonómico, como é a especie, se poden modificar co tempo?
Sí, porque os individuos que conforman unha especie poden chegar a
evolucionar, e esas características que fan agrupalos en especies, cambiaran,
ou tamén porque o ser humano atope características que diferencien a un
animal de outro
6. Que tipo de agrupamento ecolóxico é un bosque?
Un bosque é unha comunidade, porque nel viven distintas especies que
manteñen relacións de interdependencia.
Comentarios
Publicar un comentario