4. TEORÍAS DA EVOLUCIÓN



1. En que puntos se basea a teoría de Lamarck?





❏ A función crea o órgano: 


Os organismos esfórzanse continuamente para adaptarse ás variacións das condicións do medio no

que viven.

Desenvolven os órganos que máis utilizan e orixínase unha atrofia nos que non usan.



❏ Os órganos ou os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse: 


As novas características dun individuo ao longo da súa vida son transmitidas aos seus descendentes.



2. Cales son os motivos polos que na actualidade non se aceptan as ideas de Lamarck?


Os coñecementos actuais demostran que os caracteres adquiridos por un individuo ao longo da súa

vida, polo uso ou desuso, non se transmiten á descendencia, só se herdan aqueles cuxa información

se encontre nos xenes.



Resultado de imagen de lamarck




3. Cales son as ideas básicas nas que se fundamenta o darwinismo? Como explica a evolución das xirafas? En que se diferencia a teoría de Lamarck?


IDEAS DO DARWINISMO


❍ Entre os organismos existe unha loita pola supervivencia.


❍ Existe unha gran variabilidade entre os individuos dunha mesma poboación.


❍ O medio selecciona aos organismos mellor adaptados.


❍ As especies evolucionan, de forma continua e gradual.


EVOLUCIÓN DAS XIRAFAS


❖ Entre as primeiras xirafas existe certa variabilidade entre elas. Poseen distintas lonxitudes de patas

e pescozo.


❖ En épocas desfavorables, as xirafas con certo tipo de características, (nese caso patas longas e

pescozo longo) serán as únicas supervivintes.


❖ Co tempo, haberá cada vez máis xirafas con patas longas e pescozo longo.



Na teoría de Darwin existe unha variabilidade xenética que evita as ideas principais de Lamarck.








Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 1: A célula e os seus compoñentes

5. OS FACTORES BIÓTICOS