1. TEORÍAS SOBRE A ORIXE DA VIDA



1. Como explica a orixe da vida a teoría da xeración espontáneo? Por que esta idea se mantivo durante tanto tempo?



A vida xurdiu na Terra a partir de materia inerte que "espontaneamente" se

transformaba para orixinar a materia viva.  Os peixes xurdían do lodo, e os

cocodrilos, dos troncos en descomposición do fondo da auga.


 Debido o recoñocido prestixio de Aristóteles, e as súas ideas estiveron vixentes

ao longo de moitos séculos.


Resultado de imagen de generacion espontanea


2. Que experimento realizou Redi co cal se rebateu por primeira vez a xeración espontánea? Por que razón deixou algúns frascos sen cubrir?


En 1668 Redi realizou os primeiros experimentos científicos para demostrar

que a idea predominate no seu tempo sobre a orixe da vida, era falsa.

Demostrou que as larvas de mosca que aparecían no carne en descomposición

proviñan das propias moscas e non da carne en putrefacción.

Deixou algúns frascos abertos para ver como reaccionaba a carne. Esta teoría

confirmouse porque ao cabo duns días medraron vermes sobre a carne.




Resultado de imagen de generacion espontanea




3. Quen demostrou definitiva e irrefutablemente que non existe a xeración espontánea? Como o fixo?


Louis Pasteur, mediante unha serie de experimentos case dous séculos máis

tarde, en 1861, demostrou de maneira concluínte que a xeración espontánea

non existe e que, polo tanto, todos os seres vivos predecesores.



EXPERIMENTO DE PASTEUR


1º PASO

Verteu caldo de carne en dous matraces A e B e mediante o uso dunha chama

curvou o pescozo dos matraces ata darlles forma de "S" para que puidese

entrar o aire e os microorganismos quedasen atrapados na curvatura.


2º PASO

Ferveu o caldo dos matraces para esterilizalo


3º PASO

Transcorridas unhas semanas, observou que en ningún dos dous medios de

cultivo se desenvolvían microorganismos.

 Cortou o pescozo dun dos matraces. Ao cabo de pouco tempo o caldo do

matraz aberto enturbouse e ao observalo co microscopio atopou unha gran

cantidade de microorganismos mentres que o caldo do matraz pechado

permanecía intacto.








4. Como explica a teoría da sopa primitiva orixe da vida da Terra?



❐ Os gases presentes na atmósfera primitiva, expostos a unha intensa radiación

solar e ás descargas eléctricas producidas durante as tormentas, reaccionarían

espontaneamente para formar moléculas orgánicas sinxelas como aminoácidos

ou azucre.



❐ As moléculas orgánicas sinxelas precipitaron sobre a superficie terrestre e

foron arrastradas pola choiva ata os océanos primitivos, onde se disolveron

lentamente e formaron un caldo ou sopa primitiva.



❐ Neste caldo ou sopa primitiva, as moléculas orgánicas sinxelas reaccionaron

entre si e orixinaron moléculas máis complexas, como as proteínas. Co tempo

formaríanse agredados moleculares en forma de esferas ocas ou coacervados

que encerrarían moléculas, como os ácidos nucleicos, que podían facer copias

de si mesmas. Estes coacervados serían os precursores das primeiras células.   




Resultado de imagen de sopa primitiva








Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 1: A célula e os seus compoñentes

5. OS FACTORES BIÓTICOS

4. TEORÍAS DA EVOLUCIÓN