RESUME: 4. XENÉTICA HUMANA E ENFERMIDADES HEREDITARIAS
A HERDANZA NA ESPECIE HUMANA
Existen caracteres controlados por un só xene e outros máis complexos.
A súa manifestación na descendencia dependerá de varios factores:
❍ Tipo de alelo responsable do caracter: dominante ou recesivo.
❍ Localización do xene nos cromosomas sexuais.
ENFERMIDADES HEREDITARIAS E XENÉTICAS
As enfermidades hereditarias son as que se transmiten de pais a fillos a través dos xenes, por estar presentes nos gametos dos pais.
As enfermidades xenéticas son todas as que se deben a cambios ou alteracións do ADN, pero que non necesariamente proveñen dos pais.
❍ Anomalías xénicas: alteracións nun único xene.
❍ Anomalías cromosómicas: están alteradas un número de cromosomas.
ALBINISMO: UN EXEMPLO DE HERDANZA RECESIVA
O albinismo é un trastorno causado por un alelo recesivo.
Os individuos heterocigóticos son normais, pero son portadores da enfermidade.
As persoas con este trastorno non producen o pigmento melanina. Este pigmeno é o responsable da
pigmentación da pel, do pelo e dos ollos.
A ENFERMIDADE DE HUNTINGTON: UN EXEMPLO DE HERDANZA DOMINANTE
A enfermidade de huntington é unha enfermidade hereitaria debida a un alelo dominante que
ocasiona unha dexeneración progresiva do sistema nervioso.
Aínda que é unha enfermidade letal, maniféstase entre os 30 e os 50 anos.
Comentarios
Publicar un comentario