RESUME: 2. CONCEPTOS BÁSICOS EN XENÉTICA


XENES E CARACTERES HEREDITARIOS


A xenética é a parte da bioloxía que etuda a herdanza dos caracteres, o comportamento dos xenes
dentro das células e a súa transmisión de pais a fillos.


Os xenes son fragmentos de ADN que conteñen a información xenética responsable de cada un dos
caracteres hereditarios.


Cada xene ten dúas alternativas, denominadas alelos, un en cada cromosoma homólogo.




INDIVIDUOS HOMOCIGÓTICOS E HETEROCIGÓTICOS



Os xenes e os alelos represéntanse con letras A ou a para un carácter. Cada individuo posee dous
alelos para cada carácter, cando son iguais (AA ou aa) denomínanse homocigóicos; cando son distintos (Aa) heterocigóticos ou hibridos.


Alelo dominante (A) ao que se manifesta no fenotipo dos individuos heterocigóticos (Aa).


Alelo recesivo (a) ao que queda oculto nos heterocigóticos.


Resultado de imagen de homocigoto y heterocigoto


XENOTIPO E FENOTIPO



Denomínase xenotipo ao conxunto de xenes que posúe un individuo e que herdou dos seus pais.

O conxunto de caracteres que manifesta un individuo denomínase fenotipo.



O fenotipo depende principalmente do seu xenotipo. Os factores ambientais aos que están expostos os individuos (enfermidade, nutrición...) inflúen no fenotipo.


                                             Fenotipo = xenotipo + factores ambientais 




Resultado de imagen de genotipo y fenotipo




CADRO DE PUNNETT


O cadro de Punnett é unha forma de representar cruzamentos en xenética.



Resultado de imagen de cuadro de punnett






Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 1: A célula e os seus compoñentes

5. OS FACTORES BIÓTICOS

4. TEORÍAS DA EVOLUCIÓN