2. XENES E CONTROL CELULAR
1. Que determina o código xenético? Que aminoácido corresponde ao triplete AAG?
O código xenético ven determinado pola secuencia de nucleótidos do ADN.
Ese aminoácido denomínase Lisina.
2. Indica a secuencia de ARNm complementaria á seguinte cadea molde de ADN: TGCATCCGTTAACCGA.
❐ ACGUAGGCAAUUGGCU
3. Diferencia entre transcrición e tradución. Quen intervén en cada proceso, a que moléculas dá lugar e onde se realizan?
Transcrición:
Síntese de ARNm, utilizando ADN como molde.
Neste proceso interveñen as bases U, G, C E A do ARNm, e as bases A, C, G e T
do ADN. Deste xeito cópiase a información xenética da cadea codificante do
ADN na molécula de ARNm.
Tradución:
Síntese de proteínas, utilizando ARNm como molde.
Este proceso realízase nos ribosomas, que se van desprazando ao longo da
cadea de ARNm, lendo os tripletes e ensamblando os aminoácidos na orde
adecuada. Cando o proceso termina, os ribosomas liberan a proteína,
recentemente sintetizada, ao citoplasma.
4. Explica as funcións dos ARNs do proceso de tradución.
No proceso de tradución interveñen dous tipos de ARNs:
→ ARN ribosómicos (ARNr): Forman a estructura dos ribosomas.
→ ARN de transferencia (ARNt): Transportan os aminoácidos aos ribosomas.
Comentarios
Publicar un comentario