1. ADN E INFORMACIÓN XENÉTICA


1. Explica por que as dúas cadeas de ADN se denominan complementarias e que importancia ten a complementariedade das bases.




Resultado de imagen de secuencia de adn


Denomínanse complementarias porque as bases de cada cadea aparéanse de forma complementaria:


            ❍ Adenina con Tinima (A-T).        ❍ Citosina con Guanina (C-G).



A complementariedade é o principio básico da replicación e trancrición do ADN.

Este emparexamento de base complementaria permite ás células copiar

información dunha xeración a outra e incluso atopar e reparar danos.



 2. Unha das cadeas de ADN posúe a seguinte secuencia de bases: AAGCCATTG, escribe a secuencia de bases da cadea complementaria.



                                       
                                                 ❐ TTCGGTAAC






3. Unha molécula de ADN posúe un 20% de citosina (C), indica cales serán as porcentaxes das outras tres bases nitroxenadas.

Resultado de imagen de porcentaje de guanina en el adn




Citosina → 20%

Guanina → 20%

Tinima   →  30%

Adenina → 30%









4. Indica en que consiste a replicación de ADN e explica coas túas palabras por que se denomina replicación semiconservadora.







Durante a división celular, a célula debe repartir copias idénticas do ADN ás dúas células fillas. Para

iso, debe realizarse unha copìa idéntica e sen erros da secuencia de nucleótidos do seu ADN.

Este é o proceso mediante o que se poden formar as dúas cromátides idénticas dos cromosomas que

observas durante a metafase da mitose; denomínase replicación do ADN. Denomínase replicación

semiconservadora porque as moléculas de ADN formadas posúen unha das cadeas orixinais e unha

nova. Cada unha das cadeas de ADN serve como molde para producir unha nova cadea. 











Comentarios

Entradas populares de este blog

5. OS FACTORES BIÓTICOS

4. TEORÍAS DA EVOLUCIÓN

TEMA 2. A DIVISIÓN CELULAR