2. O CICLO DA VIDA DA CÉLULA
1. Explica a importancia da interfase para o ciclo de vida da célula.
A interfase ocupa a maior parte da vida da célula. É unha etapa de crecemento
e de grande actividade metabólica.
Nas fases da interfase:
❖ G1: Comenza a síntese de proteínas, increméntase o volume do citoplasma, o
tamaño e o número dos seus orgánulos.
❖ Fase S: Prodúcese a duplicación do ADN, os cromosomas pasan a estar formados por
dúas cromátidas.
❖ G2: Prodúcense novos orgánulos e a célula prepárase para a división.
2. Cal é a importancia de que o ADN se duplique antes da división celular?
Se non se duplicase antes da división celular, cada cromátida tería só a metade
de cromosomas que tería a célula nai, polo tanto acabaríamos obtendo células
con menos da millonésima parte da información que tiña a nai.
3. Explica con argumentos científicos a importancia de controlar cando se deben dividir as células.
Nunha persoa san, as células controlan con gran precisión cando se deben dividir as células. Cando
estes controis fallan, as células poden comenzar a dividirse incontroladamente dando lugar a masas
celulares que se denominan tumores (que poden provocar grandes problemas no organismo).
4. Expresa a asociación entre o ciclo celular e a formación de tumores.
Cando os sistemas de control fallan, as células poden comenzar a dividirse incontroladamente dando
lugar a masas celulares que se denominan tumores.
Algúns xenes poden estar implicados no control do ciclo celular e que están alterados nas células
tumorais. Se afectan aos xenes que controlan a división celular, co tempo poden orixinar tumores.
5. Os tratamentos contra o cancro baséanse en bloquear a división celular. Indica varias hipóteses para explicalo. Que pasará co resto de células sas do corpo?
Os tratamentos contra o cancro bloquean a división celular porque os tumores que provocan o cancro
fórmanse na división celular por un fallo no control da división celular, as células empezan a
dividirse incontroladamente. Os tratamentos contra o cancro, bloquean a división celular para evitar
que se formen máis tumores. Ademáis estes tratamentos dañan ás células cancerosas e ás sans, xa
que non distingue entre boas e malas.
6. Infórmate sobre que é unha mamografía.
Unha mamografía é unha imaxe da mama tomada en raios X. Os médicos usan as mamografías para
buscar signos de cancro de mama nas súas etapas iniciais. Pódense detectar ata con tres anos de
antelación.
Comentarios
Publicar un comentario