5. ESTRUTURAS E ORGÁNULOS DA CÉLULA EUCARIOTA



1. Que é o citoesqueleto? Que compoñentes ten? Cales son as súas funcións?

O citoesqueleto, é unha estrutura non membranosa. Constitúe unha rede proteica que dá soporte ao

citoplasma e é responsable do movemento celular.

COMPOÑENTES:

❖ Microfilamentos: Participan na contracción musculr e no proceso de citocunese da división celular.

❖ Filamentos intermedios: Axudan a manter a forma celular.

❖ Microtúbulos: Forman o fuso mitótico e os cilios e flaxelos.


2. Indica que é o axonema. Que diferenza hai entre os cilios e os flaxelos?

O axonema é a estructura interna dos cilios e flaxelos formado por pares de microtúbulos.

Os cilios son máis curtos e máis numerosos que os flaxelos.


3. Que é o retículo endoplasmático? Que tipos hai? Cales son as súas funcións?

O retículo endoplasmático é unha rede de sacos e túbulos membranosos intercomunicados.

Hai dous tipos:

Retículo endoplasmático rugoso: Sintetizan proteínas que pasan despois ao aparato de Golgi.

Retículo endoplasmático liso: Elimina substancias tóxicas e produce lípidos.


4. Que son os lisosomas? Cal é a súa función? En que estructura celular se forman?

Os lisosomas son vesículas membranosas que conteñen encimas.

Levan a cabo a dixestión intracelular.




Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 1: A célula e os seus compoñentes

5. OS FACTORES BIÓTICOS

4. TEORÍAS DA EVOLUCIÓN