3. ORGANIZACIÓN DA CÉLULA PROCARIOTA E EUCARIOTA


1. Que características teñen as células procariotas? Que son os plásmidos?


As células procariotas:

Non teñen núcleo, o seu material xenético, 
que consiste nunha molécula de ADN pechada, 

sen extremos, está libre no citoplasma.


→ Presentan unha membrana plasmática formada 
por unha bicapa de lípidos, proteínas e 

glícidos. Pode presentar unha parede celular 
e mesmo unha cápsula. 

→ No seu citoplasma posúen ribosomas, que 
son as estructuras celulares nas que se producen as proteínas.

→ Os pelos son prolongacións da célula 
bacteriana que lles permite unirse a outras bacterias ou ao medio no que se atopan.


2. Indica que é un virus e por que non está considerado un ser vivo.



Un virus é unha estructura acelulares 
formadas por un ácido nucleico e por proteínas. Os virus non se 

nutren, nin se relacionan, características básica para ser un ser vivo. Ademaís para reproducirse 

necesitan a intervención dunha célula.

  

3.Indica tres diferenzas entre as células procariotas e as células eucariotas.

Células Procariotas:

  
→ NÚCLEO:

As células eucariotas teñen un núcleo ben definido. 


As procariotas non teñen núcleo 

→ TAMAÑO:


As células procariotas son máis pequenas que 
as células eucariotas.

→ MATERIAL XENÉTICO:


O material xenético das eucariotas 
encóntrase no núcleo 

O material xenético nas procariotas 
encóntrase disperso no citoplasma.


4. Como é a envoltura nuclear? Que características a diferencian 
dunha membrana? 


A envoltura nuclear está formada por dúas membranas e posúe poros que permiten o paso das 

moléculas cara a e desde o citoplasma. A membrana externa ten ribosomas asociados, ao igual que a 

do retículo endoplasmático rugoso, do que é continuedade.


5. Cal é a composición da cromatina? Que 

relación hai entre a cromatina e os 
cromosomas?

A cromatina está formada por moléculas  de ADN asociadas 
cunhas proteínas chamadas histonas.

A cromatina fórmase cando os cromosomas descondensanse tras división celular ou mitosis.    

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 1: A célula e os seus compoñentes

5. OS FACTORES BIÓTICOS

4. TEORÍAS DA EVOLUCIÓN