TEMA 1: A célula e os seus compoñentes

1- OS COMPOÑENTES QUÍMICOS DAS CÉLULAS   Paxína 5   



1. Que son os bioelementos? Cales son os máis importantes? Que son os oligoelementos?           
Os bioelementos son a materia da que están constituídos os seres vivos.

Os bioelemntos máis importantes son: osíxeno (O), carbono (C), hidróxeno (H) e nitróxeno (N).

Os oligoelementos son bioelementos que se atopan en cantidades moi pequenas como é o caso do

ferro (Fe), o cobre (Cu), o flúor (F) ou o cinc (Zn).


2. Que é a difusión? E a osmose? Que lle pode ocorrer ás células sanguíneas se as poñemos nun tubo con auga destilada?

  •  A difusión é a tendencia das partículas de soluto a distribuírse uniformemente no seo dunha disolución.
  • A osmose é a difusión a través dunha membrana semipermeable, que é aquela que permite o paso do disolvente, pero non o do soluto.
     
  • A membrana semipermeable do glóbulo deixaría pasar un moveminto de auga cara o interior do mesmo, provocando que se hinche e seguidamente revente ou estale. O movemento da auga destilada o do solvente neste caso a través da membrana semipermeable, corresponde a un fenómeno chamado osmose.
  

3. Que son os polisacáridos? Cantos tipos existen? Indica cales son os máis  importantes e a función que desemprega cada un deles.

Os polisacáridos son un tipo de glícidos, que están formados por milleiros de moléculas de monosacáridos unidas e poden desempregar unha función de reserva de enerxía, ou estructural.

Existen dous grandes tipos: Homopolisacáridos e Heteropolisacáridos.

Dentro destes grupos destacan dous:

Amidón é a forma na que se almacenan as moléculas de glicosa nas células vexetais, e o glicóxeno, nas células animais.

Celulosa é o polisacárido estrutural máis importante e forma parte da parede celular das células vexetais.


4. Explica que son os lípidos e cita tres tipos de lípidos e a función que desempregan nos seres vivos.

Os lípidos son biomoléculas orgánicas insolubles en auga que desempregan importantes funcións nas células.

TIPOS DE LÍPIDOS:   

❖Triglicéridos: están formados por unha molécula de glicerina e tres de ácidos graxos. Almacenan gran cantidade de enerxía para as células.

Resultado de imagen de biologia png

❖Ceras: repelen a auga e serven como illantes e protección fronte á humidade.

❖Fosfolípidos: Forman parte das membranas celulares.  


Comentarios

Entradas populares de este blog

5. OS FACTORES BIÓTICOS

4. TEORÍAS DA EVOLUCIÓN