TEMA 1: A célula e os seus compoñentes
1- OS COMPOÑENTES QUÍMICOS DAS CÉLULAS Paxína 5 1. Que son os bioelementos? Cales son os máis importantes? Que son os oligoelementos? Os bioelementos son a materia da que están constituídos os seres vivos. Os bioelemntos máis importantes son: osíxeno (O), carbono (C), hidróxeno (H) e nitróxeno (N). Os oligoelementos son bioelementos que se atopan en cantidades moi pequenas como é o caso do ferro (Fe), o cobre (Cu), o flúor (F) ou o cinc (Zn). 2. Que é a difusión? E a osmose? Que lle pode ocorrer ás células sanguíneas se as poñemos nun tubo con auga destilada? A difusión é a tendencia das partículas de soluto a distribuírse uniformemente no seo dunha disolución. A osmose é a difusión a través dunha membrana semipermeable, que é aquela que permite o paso do disolvente, pero non o do soluto. A membrana semipermeable do glóbulo deixaría pasar un moveminto de auga cara o interior do mesmo, provocando que se hinche e seguidamente revente ou e